Sobre

Xeosónica

O mar non só é o hábitat de peixes, cetáceos, algas e outros seres vivos. É o modo de vida de moitas vilas e cidades, unha ruta de comercio, un lugar de ocio, fonte de riqueza e tamén de traxedias. O mar é un modo de vida, unha identidade. O Atlántico defínenos moitas veces como galegos, pero tamén ten a súa identidade propia, e o seus sons.

Xeosónica é unha exploración dos ruídos do mar, dos que percibimos, dos que non e dos que non sabemos que percibimos. Unha aproximación ao son cunha mirada artística e un enfoque experimental.

Feito desde Galicia para que o poidas desfrutar aí, e aló, e alí tamén... e en calquera lugar do mundo onde esteas.