MMRRSSMM...
Fai clic nas provincias e nos puntos do mapa para descubrir máis sobre os sons
A experiencia Xeosónica
Xeosónica nace cun enfoque experimental no que o ruído se proxecta como desestabilizador da vida, cuestionando o proceder actual e iniciando unha viaxe dende a natureza á humanidade. Unha peza importante deste puzzle que é Xeosónica é o itinerario Deslocalizando Xeosónica.
Deslocalizando Xeosónica, leva as experiencias artísticas fóra do seu contexto creando unha instalación itinerante de son binaural e proxeccións dentro dun contedor marítimo. Esta exposición conta con apoio de paneis informativos e códigos QR que conducen ás diferentes experiencias sonoras e visuais que ofrece Xeosónica para que o público poida acceder a contidos complementarios e obter información sobre as intervencións sonoras instaladas no container.
Deslocalizando Xeosónica pretende levar a creación sonora e a reflexión sobre o ruído que nos rodea fóra dos museos, a lugares que adoitan ser alleos a estas experiencias artísticas. Pretende tamén motivar unha reflexión na cidadanía sobre a presenza constante de ruído nas nosas vidas e contornas, presentada en forma de creación dixital de vangarda.